lunes, diciembre 29, 2008

COTO DEL RIO FURELOS, MELIDE

ASOCIACIÓN DE TROITEIROS “RÍO FURELOS”. MELIDE.
Nº. REX. ASOCIACIÓN 2005/008847-1(AC). N.I.F. G-70.000344.
RÚA CALVO SOTELO Nº 4. 15800 MELIDE. TEL.: 696607348.
ENTIDADE COLABORADORA.

E-mail. asociaciontroiteiros@gmail.com
www.riofurelos.es

O RÍO FURELOS

Ten o seu berce a 700 m. de altitude, en Sta. Maria das Brañas (Toques), cerca do Marco das Pías, da confluencia de varios regatos que baixan dos montes do Corno do boi, na vertente occidental da Serra do Careón. O seu curso adopta unha dirección N-SO, e ten un percorrido de 20 km. Despois dun percorrido entre montanas chega o gran Val de Furelos na Comarca da Terra de Melide.
O rio Furelos ten unha ampla conca de 151,6 kms. cadrados, e proporciona un caudal de 6,63m3/sg ó río Ulla. É o segundo en aportación de caudal na provincia de A Coruña despois do río Sar.
Os seus afluentes mais importantes son o río Catasol ( VEDADO polos vertidos de purín e alcatrán dos anos 2007-8) e o río Martagona, sen esquencer o regato da Capela e o de San Martiño.
Tratase dun excelente río con varias entradas, facil de andar e badear. A pesca no río Furelos atopa augas frescas e limpas durante gran parte do seu curso. Cremos que o cauce e o seu entorno (afluentes) cunha boa xestión podrían ser auténticos criadeiros de troitas.
O río Furelos recorre o Concello de Toques, despois o de Melide e tamén o de Santiso. En todo o seu cauce abunda a troita común (Salmo Trutta) e soe dar boas e abundantes troitas. É un río medio de 10-12 m de ancho.
Diferencianse varias zonas de pesca:
1º.- Zona libre dende o seu nacemento con zonas difíciles de andar e onde o río discurre con forza ate Souto (Toques), donde ainda indo estreito podese pescar fácilmente ate chegar a Ponte de Fraga onde escomenza o Couto.
2º.- O Couto de Furelos dende a Ponte de Fraga (Toques) a Ponte Romana (Melide) cun percorrido de 9 kms, atopamos todo tipo de augas, dende calmadas e non moi profundas ate zonas de correntes que permiten o disfrute de todo pescador sexa cal sexa o seu método de pesca.
3º.- Zona Vedada dende a Ponte Medieval de Furelos (Melide) ate a Ponte de Portochao cun percorrido de 3 kilómetros.
4º.- Zona Libre dende Portochao ate a desembocadura no Ulla na Ponte Arcediago (Santiso), con percorridos fáciles de andar e troitas de bon tamaño, un dos mellores tramos libres que ofrece Galicia

NOME DO RÍO : FURELOS.
CONCELOS : TOQUES , MELIDE , SANTISO.
NOME DO COUTO: FURELOS. 9 KMS.
CONCELLOS: TOQUES – MELIDE.
LÍMITE SUPERIOR: PONTE DE FRAGA (TOQUES).
LÍMITE INFERIOR: PONTE ROMANA FURELOS (MELIDE).
ZONA VEDADA: PONTE ROMANA FURELOS - PORTOCHAO
CATEGORIA: TRADICCIONAL-TROITA.
NORMATIVA DO COUTO
PERMISOS: 6 MARTES –MÉRCORES-VERNES.
15 SÁBADOS-DOMINGOS-FESTIVOS.
CAPTURAS AUTORIZADAS : 10 TROITAS
TALLA LEGAL TROITA : 19 CENTÍMETROS
DENDE O DÍA 1 DE XULLO PROHÍBESE O USO DE ENGADO NATURAL
XORNADAS INHÁBILES agás festivos nacionais ou autonómicos :
LUNS en tódolos coutos e ríos
XOVES en tódolos coutos
NA PARTE MEDIA DO RÍO ESTA A PONTE MAZAIRA, ACTUALMENTE EN ESTADO RUÍNOSO POR AMBOS LADOS.
CASAS EXPEDIDORAS:
CHURRERÍA O BURATO : Cantón de San Roque, nº 8 (981505417)
ASOC. TROITEIROS RÍO FURELOS: Mateo Segade Bugueiro nº4 (696607348)
CONSELLERÍA MEDIOAMBIENTE: Luis Seoane S/n 5º andar Coruña (981184576)
DISTANCIAS MEDIAS A MELIDE :
SANTIAGO 50 KM.
CORUÑA 75 KM.
LUGO 48 KM.
LALÍN 37 KM.
OURENSE 100 KM.

ESTE É O NOSO GRAN RÍO :

A Asociación de Troiteiros Río Furelos representa as inquedanzas dos troiteiros e tamén dun numeroso colectivo de persoas que disfrutan, ou pretendes disfrutar, da natureza na Comarca da Terra de Melide.
O río estába plagado de arames de espiño, cercados nos ameneiros, verquidos de purín, lixo, lavadoras, rodas de camión, somieres…, e como non tamén de indesexables que utilizan “malas artes” para pescar ( chumbeiras, redes, ganchos…).
Está no ánimo desta Asociación a loita contra todos estes elementos que deterioran ou perxudican gravemente, nalguns casos o nosos río.
Por iso dende a Asociación de Troiteiros Rio Furelos, instamos a todos os interesados no coidado do río, a poñerse en contacto conosco para ir solucionando os problemas que se presenten.

DISFRUTA DO RIO E DO SEU ENTORNO.

asociaciontroiteiros@gmail.com.


www.riofurelos.es

Máis información en:
Mateo Segade Bugueironº 4
15800 Melide
A coruña
Telf. 696 607 348



Asdo: Xavier Pazo Blanco
Presidente Asoc. troiteiros Río Furelos

No hay comentarios: